No niño novo do vento hai unha pomba dourada, ¡Quén poidera namorala, meu amigo!
Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. ¡Quén poidera namorala, meu amigo!
Ten áers de frol recente, cousas de recén casada. ¡ Quén poidera namorala, meu amigo!
Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. ¡ Quén poidera namorala, meu amigo!
Álvaro Cunqueiro